DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/473-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS RED712 e substitución CS Arrufana (36CFE8).

Situación: Mos.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, de 14 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente RED7121518 e final na LMTS existente RED7121510, mediante empalmes para realizar nas arquetas proxectadas, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

Centro de seccionamento con celas compactas e corte en SF6, 3L+TT, situado na parcela con referencia catastral 36033A002011020001DS, fronte ao número 73 da estrada de Peinador, no lugar de Arrufana.

Retirada do centro de seccionamento Arrufana 36CFE8.

A instalación está situada no lugar de Arrufana, Louredo, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/473-4.

Denominación: LMTS RED712 e substitución CS Arrufana (36CFE8).

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Monte

Urbana

36033A002011020001DS

GEFCO España, S.A.

13,78

0,63

2,61