DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2023/454-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS TUI804, CT Sobredo I, CT Sobredo II e ITC.

Situación: Tui.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, de 662 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente HVH-1600/17 (A44KBXMD//A44KBXMD) da LMT TUI8040168, no cal se instala un interruptor telecontrolado, e final no centro de transformación (CT1) proxectado.

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, de 49 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente HV-1600/13 (A45WPFOE) da LMT TUI8040154 e final no centro de transformación (CT2) proxectado.

– Centro de transformación (CT1) a 100 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36055A028002640000UH, no lugar do Pombal.

– Centro de transformación (CT2) a 160 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36055A028000060000UH, na estrada de Sobredo, no lugar de Lameiro.

As instalacións están situadas nos lugares de Lameiro e O Pombal, na parroquia de Guillarei, no concello de Tui (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/454-4.

Denominación: LMTS TUI804, CT Sobredo I, CT Sobredo II e ITC.

Concello: Tui.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sobredo

Rústico

36055A028000060000UH

CMVMC de Guillarei

19,47

31,92

97,16

2

Pombal

Rústico

36055A028002640000UH

Carlos Silva Castiñeira

14,97

3,93

16,26