DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TUI803 CTC Aldea, no concello de Tomiño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/132-4).

A instalación denominada LMTS TUI803 CTC Aldea foi declarada de utilidade pública mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, do 8 de novembro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 8 de febreiro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

O interesado recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e informarase de que poderá ir acompañado por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Vigo, 5 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS TUI803 CTC Aldea

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 Solo

ml sub.

m2 subsolo

1

36054A043000140000ES

Provixales

Gurmersindo Enrique Fernández Parente

CT

16,81

1,74

7,71