DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2013/81/27 e vinte máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas as persoas interesadas que a continuación se relacionan, das resolucións ditadas pola xefatura territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das ditas persoas interesadas.

Os expedientes están á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por practicadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que, por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 29 de decembro de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expte.

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da resolución

2013/81/27

34989686Q, 34978676T

Mantemento de medida administrativa e traslado de expediente

26.9.2023

2023/69/27

Y0109310M

Establecemento de medida administrativa

20.9.2023

2023/52/27

Y29971994J

Mantemento de medida administrativa

4.9.2023

2023/68/27

Z1218656Y

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

18.10.2023

2016/28/27

X7200764Q, X9063280S

Mantemento de medida administrativa

16.10.2023

2023/62/27

45749235G

Establecemento de medida administrativa

28.8.2023

H0256487

33538162E, 33326854S

Establecemento de medida administrativa

25.9.2023

2021/79/27

35653057K

Mantemento de medida administrativa

17.10.2023

2019/203/27

32739763E

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

9.10.2023

2017/143/27

MD0551376

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

22.11.2023

2023/84/27

AV457565

Establecemento de medida administrativa

17.11.2023

2021/154/27

72470060G

Establecemento de medida administrativa

3.11.2023

2020/90/27

72470060G

Establecemento de medida administrativa

3.11.2023

2022/146/27

33346555M

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

13.11.2023

2019/130/27

76584754K, 76580806Y

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

16.11.2023

2023/55/27

X8987933Q, Relu Adir

Mantemento de medida administrativa

24.11.2023

2023/82/27

Efraín Gustavo Martínez Trocha

Establecemento de medida administrativa

17.11.2023

2023/83/27

Efraín Gustavo Martínez Trocha

Establecemento de medida administrativa

17.11.2023

H0253490

Antonio Ariza Rodríguez

Establecemento de medida administrativa

5.7.2023

2023/80/27

Antonio Ariza Rodríguez

Establecemento de medida administrativa

8.11.2023

2020/7/27

Eimer Ospina Sabogal

Establecemento de medida administrativa

21.11.2023