DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de decembro de 2023 pola que se notifica requirimento do 24 de outubro de 2023 de retirada de vehículo con matrícula 00-05-ND abandonado no dominio público portuario do porto da Pasaxe (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Luis Paulo Afonso Verde como titular do vehículo marca Toyota, modelo Corolla, con matrícula 00-05-ND, o seguinte requirimento, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo a acta de infracción levantada por axentes do PAFIF da Garda Civil da Guarda o 19 de outubro de 2023, o vehículo que se identifica está estacionado en claro estado de abandono con rodas pinchadas e restos de táboas e redes no seu interior na zona portuaria da Pasaxe desde o mes de agosto de 2023.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico cara ao tratamento residual do vehículo, segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese ao titular para que, nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto da Pasaxe.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia