DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.72859).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios San Cristovo.

DNI: ***7967**.

Expediente: DH.A15.72859.

Volume total anual: 17.991 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,7143 l/s.

Destino: doméstico e gandeiro.

Orixe: x= 508984, y= 4762911 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: A Paía.

Parroquia: Grixoa (San Xoán).

Concello: Santa Comba.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas dun manancial, situado na parcela coa referencia catastral 15078A07900022, mediante unha arqueta de formigón de dimensións 1,00×0,90 m e una profundidade de 1,90 m dentro dunha edificación de bloques de formigón, cunha altura sobre a rasante do terreo de 1,85 m.

Desde a arqueta de captación parte un tubo de polietileno de 90 mm de diámetro, 16 atmosferas e 1.480 ml, ata o depósito repartidor cilíndrico, en aceiro inoxidable e cunha capacidade de 100 litros, situado na parcela 0432703NH1603S, e construído sobre una estrutura con piares e bloques de formigón a uns 5,05 m de altura dende a rasante do terreo.

Do depósito repartidor saen 15 tubos individuais de polietileno e 25 mm de diámetro para o abastecemento das vivendas e explotacións gandeiras dos comuneiros.

No percorrido desde o punto de captación ata o depósito repartidor, as instalacións do aproveitamento de augas afectan as seguintes parcelas: 15078A07900022, 15078F50301632, 15078F50309151, 5078F50301602, 15078A07601097, 15078A07601101, 15078A07609010 (camiño), 15078F50309150 (camiño), 15078F50302812, 15078F50301686, 15078A07609009 (Río García), 15078A07601073, 15078F50302450, 15078F50309157 (camiño), 15078F50302454, 15078F50302455, 15078F50302456, 15078A07600704, 0432703NH1603S (depósito repartidor) . Dende o depósito repartidor os tubos de distribución discorren por camiños e atravesan as seguintes parcelas: 0731418NH1603S, 0530202NH1603S, 15078A07609008 (camiño), 15078F50302431, 15078F50302446, 15078F50302444, 15078F50302433, 15078F50309125 (camiño), 15078F50309120 (camiño), 15078A07509005 (camiño), 15078F50309127 (camiño), 1016403NH1601S, 1016414NH1601S, 0915402NH1601N.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro