DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) Residencial Augas Santas.

Mediante o Acordo plenario do 30 de novembro de 2023 apróbase inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) Residencial Augas Santas, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://concellodetrazo.es/).

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Se, transcorrido o dito prazo, non se presentan alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Trazo, 19 de decembro de 2023

Josefina Suárez López
Alcaldesa