DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2023/428-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT VLG802 entre apoios 9PER613V//36-1 e 9PFH4NQP//36-2.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 86 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9PEA0QW8//37 da LMT VLGG802 Noalla 2, mediante un paso aerosubterráneo proxectado, e final no apoio proxectado C-2000/14, en substitución do apoio 9PFH4NQP//36-2.

– Retensado do van comprendido entre os apoios 9PFH4NQP//36-2 proxectado e o existente 9PGU9K2M//36-3 (64 metros de condutor LA-56 existente).

– Desmontaxe do apoio 9PER613V//36-1.

A instalación está situada en Aios, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/428-4.

Denominación: regulamentación LMT VLG802 entre apoios 9PER613V//36-1 e 9PFH4NQP//36-2.

Concello: Sanxenxo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

2

Aios-Noalla

Labor

36051A010002410000FY

Manuel Rodríguez Barreiro

4,22

11,61