DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/426-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Situación: Mos.

Características técnicas:

– Substitución dos apoios A53VALLG e A53L8JA da liña de media tensión aérea (LMTA) RED712, tramo RED7121441, por un apoio C-1000/18 e un C-1000/12, respectivamente.

– LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 221 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A545IH87 da LMTA RED7121441, pasando polo apoio proxectado C-1000/18, e final no apoio proxectado C-1000/12, situado na parcela 75 do polígono 11.

A instalación está situada no lugar das Cortiñas, parroquia de Louredo, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/426-4.

Denominación: substitución dos apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Lagoal

Rústico

36033A011000460000SS

Descoñecido/a

1

1,69