DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2023/387-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT Bon.

Situación: Bueu.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 de 134 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente 9SC6JH4F//31 da LMTA CII817 e final no apoio proxectado C-2000/18, situado na parcela con referencia catastral 36004A020000010000QS, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS) e se instala un interruptor telecontrolado.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 357 metros de lonxitude, coa orixe no PAS no apoio proxectado C-2000/18 e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 160 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36004A019008460000QE, no lugar de Bon de Abaixo.

A instalación está situada en Bon de Abaixo, parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/387-4.

Denominación: LMT, CT Bon.

Concello: Bueu.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Fabas

Urbana

36004A019008460000QE

Descoñecido/a

CT

22,30

2

Rego da Auga

Rústico

36004A020000010000QS

Descoñecido/a

1-2

4,00

134

2.127