DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/374-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domiciliio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio A0TICH48//D20-7-A1 e instalación XS na LMTA SDM711.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Substitución do apoio A0TICH48//D20-7-A1 da LMTA SDM711, por un apoio C-3000/18, no cal se instalan novos XS.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-3000/18 (86 metros de condutor LAC-80).

A instalación está situada no camiño Meixueiro-Lavadores, 107, parroquia de Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/374-4.

Denominación: Substitución do apoio A0TICH48//D20-7-A1 e instalación XS na LMTA SDM711.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Meixueiro

Rústico

54057A058000510000AE

Descoñecido/a

1

1,96