DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/31-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825, situada nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 9 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/31-3.

Instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

3

Cortiña

32053A018007460000IU

Manuel Vilanova Marica

Enderezo descoñecido

14.12.2023

5

Sequeiro

32053A018007490000IA

Manuel Pereira Rodríguez

Enderezo descoñecido

14.12.2023

8

Bodega

32060A068007280000QP

Antonio Fernández Rodríguez

Enderezo descoñecido

14.12.2023

11

A Bodega

32060A068002600000QO

María del Carmen Rodríguez Fernández

Enderezo descoñecido

14.12.2023

14

Forniño

32060A068002640000QX

Emilia Iglesias Moure

Notificación infrutuosa

14.12.2023

23

Monte da Mariña

32060A069000390000QM

Antonio Taboada Fernández

Enderezo descoñecido

14.12.2023

31

Monte Bouzo

32060A069003080000QZ

Descoñecido

Titular descoñecido

14.12.2023

36

Granxa

32059A007003530000OX

Josefa Pérez

Enderezo descoñecido

14.12.2023