DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5151

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 15 de septiembre de 2023 (BOE do 2 de outubro de 2023), para a provisión da praza número 23/030, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica, departamento de Enxeñaría Civil desta universidade, a favor de José Anta Álvarez, con DNI núm. ***2415**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Anta Álvarez profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica, departamento de Enxeñaría Civil desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de xaneiro de 2024

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña