DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 12 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 17 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 29 de novembro).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 17 de novembro de 2023 (DOG número 227, do 29 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta orde, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde do 17 de novembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os/as funcionarios/as están gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun mes, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Nº de DNI ou NRP

Apelidos e nome

Grupo

Código do posto

Denominación

Nivel

Centro de destino

Localidade

****065646 A2060

Gil Fox, María José

A1

PSC050000115770001

Subdirector/a xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade

30

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

****052424 A2060

Vázquez Carreira, Luis Miguel

A1

PSC050000215770001

Subdirector/a xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

30

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

****865424 A2060

Otero Balsa, Yolanda

A1

PSC060000115770001

Subdirector/a xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

30

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela

****342402 A993A

Ventosa Rial, José Javier

A1

PSC060000215770001

Subdirector/a xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial

30

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela

****876168 A993A

Silva Tojo, Alfredo José

A1

PSC060000315770001

Subdirector/a xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria

30

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela