DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5140

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 11 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 27 de novembro de 2023.

Mediante a Orde do 27 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 231, do 5 de decembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, e demais normativa vixente, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo I da presente orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada mediante a Orde do 27 de novembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Nome e apelidos: María del Carmen Piñeiro López.

NIF: ***5453**.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Coordinación Económica e Contratación.

Código do posto: ED.201.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro de destino: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.