DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Melide (expediente DH.A15.75547).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Piñeiro Costoya.

DNI: ***9897**.

Expediente: DH.A15.75547.

Volume total anual: 2.914,1 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.

Destino: rega.

Orixe: x= 575140, y= 4756650 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Piñeiro.

Parroquia: Maceda (San Pedro).

Concello: Melide.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación da augas dun manancial na parcela 5047A501006760000FT, mediante escavación superficial. Desde o punto de captación a auga lévase en tubo de 40 mm e 200 m de lonxitude, a través das parcelas 675, 674 e encrucillada de camiño ata a parcela que se pretende regar, 239 do polígono 501, na parroquia de Maceda, concello de Melide (A Coruña).

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da
Zona Hidrográfica Galicia Centro