DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Cabana de Bergantiños (expediente DH.A15.68794).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 12 de decembro de 2023 e como resultado do expediente incoado para o efecto, se outorgou a Autoestrada Costa da Morte C.X.G., S.A. unha concesión de 250,09 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar da Piolla, da parroquia de Nantón (San Pedro), no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), con destino a uso doméstico e vialidade invernal.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións