DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle na rúa Otero Pedrayo.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 28 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle no ámbito da rúa Otero Pedrayo, Nigrán, nos termos propostos no documento asinado polo técnico redactor o 27.2.2023 (CSV C1QK5YCG4YWQOE8J).

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva, notificalo na forma prevista na lexislación aplicable e dar conta á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, de conformidade co artigo 88 da LSG e 209 do RSG, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra o citado acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello nigran.sedeelectronica.gal

Nigrán, 15 de decembro de 2023

Juan Antonio González Pérez
Alcalde