DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4577

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024 que resolve a publicación do emprazamento a todas as persoas que superaron o segundo exercicio das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de novembro de 2021, para cubrir sesenta e cinco prazas da categoría profesional de auxiliar técnico de servizos, grupo IV.1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da USC (DOG do 14 de decembro).

Pola Resolución reitoral do 8 de xaneiro de 2024 remitirase ao Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 482/2023, interposto por Jorge Juan Vázquez Otero contra a Resolución reitoral do 21 de setembro de 2023, que resolve o recurso de alzada interposto polo recorrente contra o acordo do tribunal de selección para o acceso á categoría de auxiliar técnico/a de servizos da USC, do 6 de xullo de 2023, e ao emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só dun avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no dito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela