DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4563

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024 pola que se declara a caducidade do procedemento para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Gallego do Consumo e da Competencia.

I. Pola Orde do 5 de outubro de 2023, da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 198, do 18 de outubro), anunciouse a convocatoria para a provisión dun posto de traballo vacante no Instituto Gallego do Consumo e da Competencia denominado Xefatura de Sección de Tesourería, Recadación e Habilitación, con código INO110000015770088, polo sistema de libre designación, de acordo co disposto no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

II. O 14 de novembro de 2023 finalizou o prazo de presentación de solicitudes de participación establecido na disposición terceira da citada Orde do 5 de outubro de 2023.

III. O Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, establece no artigo 27 que as convocatorias deberán resolverse no prazo máximo de dous meses contado desde a data da súa publicación. En caso de non resolverse no devandito prazo, declararase a caducidade do procedemento.

Este prazo finalizou o pasado 17 de decembro de 2023 sen que se acordase prórroga ningunha.

IV. O artigo 84.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón «Poñerán fin ao procedemento a resolución, a desistencia, a renuncia ao dereito en que se funde a solicitude, cando tal renuncia non estea prohibida polo ordenamento xurídico, e a declaración de caducidade».

V. En virtude do exposto e dado que o prazo previsto para efectuar o nomeamento do posto convocado transcorreu sen que este tivese lugar, considérase procedente declarar a caducidade do procedemento para a provisión do posto de traballo denominado Xefatura de Sección de Tesourería, Recadación e Habilitación, con código INO110000015770088.

De conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, esta consellería, en uso das atribucións conferidas polo artigo 17 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e de acordo con o disposto no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño),

RESOLVE:

Declarar a caducidade do procedemento para a provisión do posto de traballo denominado Xefatura de Sección de Tesourería, Recadación e Habilitación, con código INO110000015770088, polo sistema de libre designación, convocado pola Orde do 5 de outubro de 2023, da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 198, do 18 de outubro), deixando sen efecto todos os actos do procedemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación