DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica la convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, no concello de Tomiño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, que se realizarán na Casa do Concello de Tomiño, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 3 de xaneiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/226-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar.

Concello: Tomiño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

3

36054A060002580000ED

Pereiro

Descoñecida

5 de marzo de 2024

13.00

4

36054A060002550000EO

Toxeiras

Descoñecida

5 de marzo de 2024

13.00