Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TUI803 CTC Aldea, no concello de Tomiño, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 3 de xaneiro de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/132-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS TUI803 CTC Aldea.
Concello: Tomiño.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36054A043000140000ES |
Provixales |
Gumersindo Enrique Fernández Parente |
8 de febreiro de 2024 |
12.00 |