DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle AR-10 Granitos Galicia (expediente 8744/2023).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas, en sesión do 10 de outubro de 2023, aprobou inicialmente o proxecto de estudo de detalle correspondente á AR-10 Granitos de Galicia, presentado por Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008, S.L.U. e redactado polo arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez e o avogado Jorge Pérez Maldonado (número de rexistro de entrada 2023-E-RE-3015, do 30 de maio de 2023).

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia. O anuncio tamén se publicará previamente nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Durante este prazo os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello, das 8.30 ás 13.30 horas, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Tamén poderá consultarse electronicamente a través do Portal de transparencia do Concello de Ponteareas, na seguinte ligazón: https://ponteareas.sedelectronica.gal/transparency, premendo na pestana 7. URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS E AMBIENTE.

Ponteareas, 11 de outubro de 2023

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa