DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70 prevista no concello de Redondela (expediente IN407 2022/436-4 modificado).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70 (expediente IN407A 2023/307-4 modificado) e as afeccións da parcela indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/436-4 modificado.

Denominación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola 36CC70 (modificado).

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afección

CT

ml sub.

m2 sub.

1

Reboreda

Urbano

3222609NG3832S0001WG

Descoñecido/a

23,39

5,00

18,71