DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do expediente RA/IGVS/CMATV/2023/00739.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

RA/IGVS/CMATV/2023/00739

Mª Carmen Vázquez Fragueiro

Resolución recurso de alzada