DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3587

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 9/2024, do 15 de xaneiro, polo que se dispón que cese Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria.

En virtude do establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta de Galicia entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.

Na súa virtude e conforme o establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia e con efectos do día 15 de xaneiro, Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural