DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3745

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Instituto Xeográfico Nacional e o organismo autónomo Centro Nacional de Información Xeográfica, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a obtención dunha cobertura de imaxes aéreas e ortofotos de 2023 de Galicia.

Definir as actuacións conxuntas que se deben levar a cabo por parte do IXN, o CNIX e a Comunidade Autónoma de Galicia para a consecución das novas coberturas do PNOA, Imaxe en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

317.942 €

13.10.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela sobre a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre todos os asinantes para a análise da información que permita facer un seguimento da mobilidade e do mercado da propiedade rústica en Galicia, a modo de «Observatorio Galego de Mobilidade de Terras», cuxos resultados e actividades realizadas se vincularán á marca Observatorio Galego de Mobilidade de Terras.

Sen achega económica

19.10.2023