DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3362

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

BDNS (Identif.): 738625.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de xubvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior punto 1.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha das seguintes liñas de préstamos: préstamos para investimentos estratéxicos; préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego; préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval; préstamos para financiar circulante enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira e préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 13.000.000 de € para o ano 2024 e 17.000.000 de € para o ano 2025.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de novembro de 2024 ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica