DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para o axuste de aliñacións en Suviña (Serantes), expediente 2023/PLANEAM/000008 (FG 723).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o axuste de aliñacións en Suviña (Serantes) (documento do 21.11.2023), promovido polo concello.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello, www.oleiros.org

Oleiros, 13 de decembro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente