DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

ANUNCIO do 20 de decembro de 2023 polo que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2023000245 e dezasete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante o presente anuncio ás persoas interesadas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta notificación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo desta notificación está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta documento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

01295-Obras de recuperación do bordo litoral das praias de Valcovo. Termo municipal de Arteixo

Ricardo Ángel García Castro

29.6.2023

2023000245

50

Dolores Bernardina García Castro

29.6.2023

2023000245

50

María Jesús García Castro

29.6.2023

2023000245

50

01770-Vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Treito A-52-N-525. Clave: OU/08/053.01.1. Termos municipais de San Cibrao das Viñas e Taboadela

José Francisco Lorenzo González e outra

26.10.2023

2023000426

251

01928-1ª fase do parque Paseo-Preguiza. Termo municipal de Verín

María Silvia Pérez Barja

28.9.2023

2023000301

1

02189-Modificado número 1 da VAC TUI (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda. Treito: Tui (enlace A55)-enlace PO-350. Clave PO/03/009.01.1.M1. Termo municipal de Tui

José Manuel Iglesias Rendón e María Begoña Gómez Solleiro

23.11.2023

2023000437

1386, 1386-BIS, 1386-BIS2

02254-Proxecto básico de execución de ampliación de vía no lugar de Suevos. Termo municipal de Arteixo

José Antonio Gestal Sánchez

28.9.2023

2023000305

2

Olga Gestal Sánchez

28.9.2023

2023000305

2

María del Mar Gestal Sánchez

28.9.2023

2023000305

2

02259-Execución proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, p.q. 0+000-4+500. Clave LU/17/103/10. Termo municipal de Baralla

Elena Villares Pérez e outros

28.9.2023

2023000331

74

02263-LAT 66 kV evacuación parque eólico. Paxareiras. Termo municipal de Dumbría (expediente IN408A 2020/179)

Jesús Lema Santabaya

26.10.2023

2023000347

10

Esperanza Lema Río

26.10.2023

2023000350

14

Antonia Priegue Priegue

26.10.2023

2023000352

26

Indalecio Casais Quintáns

26.10.2023

2023000368

109

José Trillo Antelo

26.10.2023

2023000370

115

Marina Fernández Suárez

26.10.2023

2023000371

116

Juan Fernández Suárez

26.10.2023

2023000383

131

02266-Ampliación de camiño desde a rúa Torrente Ballester ata a rúa República Arxentina. Termo municipal de Arteixo

Virginia Mariño Fontenla

26.10.2023

2023000400

6