DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Pedra do Sal e protección do seu contorno-PE1 Pedra do Sal (expediente 2018/X999/000311).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de novembro de 2023, acordou resolver as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Pedra do Sal e protección do seu contorno-PE1 Pedra do Sal, segundo a documentación técnica redactada polo equipo redactor Monteoliva Arquitectura, S.L., dirixido polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz (nº colexiado 779 COAG) e presentada o 7 de novembro de 2023, co número de rexistro de entrada 202399900005414.

Faise público este acordo, segundo o disposto no artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), e de conformidade co disposto nos artigos 82 da mesma lei e 199 do seu regulamento, xunto co documento dilixenciado (no cal se inclúen as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente), que está á disposición dos interesados na páxina web deste concello na seguinte ligazón (punto 4 Plans especiais):

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Este acordo publícase tamén no taboleiro electrónico municipal, no seguinte enderezo:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 14 de decembro de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde