DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.95873).

Marcos Diéguez Gutiérrez solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Marcos Diéguez Gutiérrez.

Expediente: DH.A36.95873.

Volume total anual: 36.204 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,40 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo na parcela 231 do polígono 518.

Lugar: Pardemarín.

Parroquia: Pardemarín.

Concello: Estrada (A) (Pontevedra).

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena situado na parcela de referencia catastral 36017F518002310000PJ, e no seu bombeo mediante bomba de 1,5 kW e tubaxe de 40 mm ao longo duns 25 m ata os depósitos de acumulación a instalar nun punto elevado da parcela, cilíndricos de poliéster cunha capacidade para 10.000 litros cada un, e que alimentarán, mediante tubaxes de 40 mm e 32 mm de diámetro, as naves a situar nas parcelas 36017F518002300000PI e 36017F518002310000PJ.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal de internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste Servizo situadas na rúa Tomiño, 16 baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, previa cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro