DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2018/31.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Subcolectora A Ruña 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle, nos concellos de Mazaricos e Dumbría, acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais dos mencionados concellos, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 26 de decembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/31.

Solicitante: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.

Concello: Dumbría.

Predio nº

Polígono e parcela

Titular

Día

Hora

2

Pol. 23. Par. 605

Hdros. de José Cives Lema

26.2.2024

10.10

45

Pol. 23. Par. 563

Hdros. de José Cives Lema

26.2.2024

10.10

46

Pol. 23. Par. 562

María Santos Rodríguez

26.2.2024

11.10

53

Pol. 23. Par. 313

Nicasio José Grille Ramos

28.2.2024

9.30

73

Pol. 19. Par. 447

Avelino Lema Lema

26.2.2024

9.30

89

Pol. 19. Par. 1077

Manuela González Alvela

28.2.2024

11.40

145

Pol. 9. Par. 455

Fidel García Castiñeira

28.2.2024

9.40

174

Pol. 9. Par. 386

José Trillo Antelo

27.2.2024

11.10