DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 5 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS650G 36/00217-X/23 e tres máis.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e tentada a notificación dos actos administrativos no último enderezo coñecido das persoas interesadas que se citan no anexo sen que se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, mediante este anuncio emprázanse as referidas persoas interesadas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación. Advírtese que, de non facelo así, se terán por notificadas no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 5 de decembro de 2023

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

36/00217-X/23

54468143A

Requirimento de documentación

17.4.2023

36/00767-X/23

X2775222L

Requirimento de documentación

2.10.2023

36/00512-X/23

39456172V

Requirimento de documentación

24.7.2023

36/00439-X/23

33742209J

Requirimento de documentación

19.6.2023