DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente BS626F32047000423.

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, tentada a notificación do requirimento de emenda da solicitude ditado pola xefatura territorial no último enderezo coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase a través deste anuncio o dito requirimento á persoa citada no anexo, que se empraza para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizado a emenda, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 21 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 12 de decembro de 2023

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32047000423-R

44464638A

Requirimento de emenda da solicitude

30.8.2023