DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento para a xestión da biomasa vexetal de varias parcelas (notificacións infrutuosas).

Vistas as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas se incumpren, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa táboa seguinte:

Nº expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

1269/2023

36005A094005410000TZ

19.9.2023

Artigo 21

1275/2023

36005A050011380000TD

27.7.2023

Artigo 21 e artigo 21.ter

1871/2023

36005A050011360000TK

4.9.2023

Artigo 21 e artigo 21.ter

1897/2023

36005A207000520000MQ

4.9.2023

Artigo 21.ter

1942/2023

Parcela 696 da concentración parcelaria de Godos

4.9.2023

Artigo 21

1671/2023

36005A005004590000TR

15.9.2023

Artigo 21

1014/2023

36005A060000090000TZ

2.10.2023

Artigo 21

1641/2023

36005A045002770000TK

19.9.2023

Artigo 21

2348/2023

36005A045002740000TF

19.9.2023

Artigo 21

1450/2023

36005B518019680000ZE

17.8.2023

Artigo 21.ter

1896/2023

36005A207000530000MP

4.9.2023

Artigo 21.ter

2351/2023

36005A045002710000TP

19.9.2023

Artigo 21

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, por medio deste anuncio ponse de manifesto o incumprimento, polas persoas responsables que a seguir se indican, da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Responsable (NIF do responsable anonimizado por LOPD)

Título polo cal é responsable

Provincia/Concello/Parroquia

Lugar/Polígono/Parcela/Nome da parcela ou lugar

36005A094005410000TZ

Herdeiros de María Ascensión Blanco Silva (NIF: ***1862**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente

Faramentáns/Pol. 94/

Parc. 541/Fontiñas

36005A050011380000TD

Herdeiros de Juanita Esperón Magariños (NIF: ***5785**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

Paradela/Pol. 50/Parc. 1138/Pozoauga

36005A050011360000TK

Herdeiros de Juanita Esperón Magariños (NIF: ***5785**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

Paradela/Pol. 50/Parc. 1136/Pozoauga

36005A207000520000MQ

Herdeiros de María Aurelia Méndez Barros (NIF: ***2909**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

A Riba/Pol. 207/Parc. 52/Monte da Riba

Parcela 696 da concentración parcelaria de Godos

Herdeiros de María Benilde Tato Magariños (NIF: ***3112**)

Datos existentes neste concello dos titulares da concentración parcelaria de Godos

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

A Riba/Parcela 696 concentración parcelaria de Godos

36005A005004590000TR

Javier Maquieira Lago

(NIF: ***5758**)

Certificación catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Arcos da Condesa

Badoucos/Pol. 5/Parc. 459/Carballe

36005A060000090000TZ

Herdeiros de María de los Dolores Pérez Reivasadre

(NIF: ***6133**)

Consulta catastral do ben inmoble

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

A Canle/Pol. 60/Parc. 9/Canle

36005A045002770000TK

José Otero Fresco

(NIF: ***4522**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André de César

Aboi/Pol.45/Parc.277/Raxado

36005A045002740000TF

Herdeiros de María Severina Fernández Barros

(NIF: ***5148**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André de César

Aboi/Pol.45/Parc.274/Searas

36005B518019680000ZE

Herdeiros de Serafín Ferreiro Crespo (NIF: ***4458**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Soutelo de Abaixo/Parc. 518/Pol. 1968

36005A207000530000MP

Gumersindo Rojo Vilas

(NIF: ***3202**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

A Riba/Pol. 207/Parc. 53/Monte da Riba

36005A045002710000TP

Herdeiros de María Isolina Nieves Barros Brey

(NIF: ***4640**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André de César

Aboi/Pol. 45/Parc. 271/Searas

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir as seguintes persoas responsables para que, nun prazo máximo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou retirada da/das especie/s arboréa/s prohibidas sinalada/s na D.A.3ª da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderán impoñerse multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se imporá por multa coercitiva será de cen euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Nº expediente

Referencia catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

1269/2023

36005A094005410000TZ

0,0149 ha

3.953,15 €/ha

59,07 €

1275/2023

36005A050011380000TD

0,0715 ha

3.953,15 €/ha

282,85 €

1871/2023

36005A050011360000TK

0,062 ha

3.953,15 €/ha

245,10 €

1897/2023

36005A207000520000MQ

0,0163 ha

3.953,15 €/ha

64,44 €

1942/2023

Parcela 696 da concentración parcelaria de Godos

0,2435 ha

3.953,15 €/ha

962,49 €

1671/2023

36005A005004590000TR

0,0213 ha

3.545,82 €/ha

75,35 €

1014/2023

36005A060000090000TZ

1,7032 ha

3.953,15 €/ha

6.733,01 €

1641/2023

36005A045002770000TK

0,0851 ha

3.953,15 €/ha

336,41 €

2348/2023

36005A045002740000TF

0,0236 ha

3.953,15 €/ha

93,29 €

1450/2023

36005B518019680000ZE

0,0269 ha

1.688,89 €/ha

45,43 €

1896/2023

36005A207000530000MP

0,0047 ha

3.953,15 €/ha

18,58 €

2351/2023

36005A045002710000TP

0,0082 ha

3.953,15 €/ha

32,42 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

– Expedientes: 1269/2023, 1275/2023, 1871/2023, 1942/2023, 1671/2023, 1014/2023, 1641/2023, 2348/2023 e 2351/2023: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

– Expedientes: 1275/2023, 1871/2023, 1897/2023, 1450/2023 e 1896/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

– Expedientes: 1269/2023, 1275/2023, 1871/2023, 1942/2023, 1671/2023, 1014/2023, 1641/2023, 2348/2023 e 2351/2023: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

– Expedientes: 1275/2023, 1871/2023, 1897/2023, 1450/2023 e 1896/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se imporá no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 19 de decembro de 2023

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde