DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 1956

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2024 pola que se nomea funcionario de carreira da escala técnica (técnico/a en actividades culturais, subgrupo A2), polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, nunha praza da escala técnica (técnico/a en actividades culturais, subgrupo A2), vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG do 23 de decembro).

Verificada a concorrencia no aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario; e nos Estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, en uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira da escala técnica (técnico/a en actividades culturais, subgrupo A2) da Universidade da Coruña o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 2 de xaneiro de 2024

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica (técnico/a en actividades culturais, subgrupo A2)

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***1272**

Ruibal Armesto, Rubén Darío

87,55