DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se somete a información pública o proxecto de interese autonómico (PIA) do Campus de I+D, no concello de Boqueixón (A Coruña), promovido por Santos Equipamiento de Interiores, S.L.U.

O artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro), regula o procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio que deban someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Para os efectos previstos no artigo 55.5 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométense a información pública, durante o período dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os seguintes documentos:

• Proxecto de interese autonómico Campus de I+D Santos Equipamiento de Interiores, S.L.U, en Deseiro, concello de Boqueixón, datado en agosto de 2023 e asinado polos arquitectos Inés Trincado Boville e Fernando Arteaga Ros (colexiado núm. 12.045 COAM).

• Acordo de aprobación inicial do proxecto de interese autonómico Campus de I+D Santos Equipamiento de Interiores, S.L.U.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.

Poderá accederse a esta información na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria

ANEXO

Memoria resumo

Solicitante: Santos Equipamiento de Interiores, S.L.U.

NIF: B15515232.

Domicilio social: lugar de Deseiro s/n. 15881 Boqueixón (A Coruña).

Ámbito do proxecto: concello de Boqueixón (A Coruña).

Obxecto: campus de I+D.

Descrición: o proxecto de interese autonómico (en diante, PIA) ten como obxectivo a creación dun campus con instalacións destinadas a que os diferentes departamentos de deseño e desenvolvemento da empresa poidan reunirse nun contorno adecuado para o proceso creativo, co fin de innovar e desenvolver o produto. Nestas novas instalacións levaranse a cabo, entre outros, procesos de investigación de novos materiais en laboratorios de probas, ensaios con prototipos a escala real de novos procesos produtivos ou traballos de innovación e desenvolvemento dos procesos de márketing e comunicación. As instalacións proxectadas incluirán unha biblioteca e salas de conferencias, de audiovisuais e de exposicións, que permitirán integrar nun único complexo actividades creativas e formativas. Con esta actuación búscase contribuír a potenciar a competitividade do sector industrial galego mediante a optimización dos procesos produtivos, así como a diversificar a actividade dun sector tractor en Galicia como o da industria forestal-madeira.