DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 1998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT As Sobráns, no concello de Meaño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/057-4).

A instalación denominada LMT, CT As Sobráns foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 27 de febreiro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 20 de febreiro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Meaño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e informarán de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 15 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT, CT As Sobráns

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume
de paso aérea

m2 servidume
de paso aérea

1

36027A056001700000MW

Ante do Muíño

Celia Currás Fernández

1

2

12

236

3

36027A056000600000MR

Ante do Muíño

Esperanza Domínguez Pérez

20

173

5

36027A056000420000MA

Telleiro

María Esther Pérez Portas

8

156

6

36027A056000520000MT

Longarela

Juana Julia Méndez Pérez

43

406

7

36027A056000510000ML

Longarela

José Manuel Antelo Dopazo

284

8

36027A056000490000MT

Longarela

Hdros. María Dalia Dopazo Dopazo

1

18

257

9

36027A056000480000ML

Longarela

Manuel Lema Besada

1

1

106