DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a varias instalacións eléctricas no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/123-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 5 de xuño de 2023 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS CS rúa A, nº 4 - Pol. Barreiros (S. Cibrao das Viñas).

Situación: rúa A, Pol. Ind. Barreiros, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 94.392,37 €.

Características técnicas:

• LMT soterrada, a 20 kV, de 729 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm² Al, con orixe na cela de saída da liña do CT existente, denominado 32CHD6 Polígono de Barreiros 4 e final nos empalmes que se realizarán sobre a LMTS existente, denominada SCV832C CT1-Rairo 2, no treito comprendido entre o CT Polígono Barreiros 4 (32CHD6) e o CT Polígono Barreiros II (32CDN9), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

• Centro de seccionamento proxectado, de tipo prefabricado compacto con manobra exterior 3L 2TC (con 3 celas de liña, dúas delas telecontroladas), con alimentación mediante a LMTS proxectada, con entrada e saída neste centro de seccionamento. A terceira cela será de conexión á LMTS de cliente (que será obxecto doutro proxecto).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense