No Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 24 de novembro de 2022, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 14 de novembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2023.
Mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 14 de novembro de 2022, publicada no DOG núm. 41, do 28 de febreiro, modificada pola corrección de erros publicada no DOG núm. 44, do 3 de marzo, estableceuse o importe de axudas concedidas con base as solicitudes presentadas para executar o plan formativo.
Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, revisada a documentación xustificativa achegada das accións formativas realizadas, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2023 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Artigo 10 da Orde do 14.11.2022, DOG núm. 224, do 24 de novembro)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Subvencións concedidas ás asociacións profesionais de transportistas
ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte,
ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte
por estrada en Galicia para o 2023 (aplicación orzamentaria: 09.02.512A.481.1)
Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.
NIF |
Entidade |
Importe |
G15086358 |
Federación galega de transporte de mercadorías (Fegatramer) |
79.913,34 € |
G15640808 |
Federación galega de asociacións de transportes en autocar (Transgacar) |
45.735,03 € |
G70209234 |
Federación galega de transporte de viaxeiros (Fegatravi) |
14.444,71 € |
G32400293 |
Federación galega de asociacións empresariais e profesionais de transporte (Fegatrans) |
152.804,68 € |
G36627719 |
Asociación de empresarios de transportes discrecionais de mercancías de Pontevedra (Asetranspo) |
80.816,47 € |
G32345670 |
Federación empresarial de transporte de mercancías por estrada de Galicia (Fetram) |
18.963,06 € |
G15248859 |
Asociación coruñesa de transportes discrecionais e especiais (Acotrades) |
46.510,15 € |
G70037544 |
Asociación empresarial de aluguer de vehículos con e sen condutor de Galicia (Galeval) |
2.816,00 € |
G70231121 |
Asociación de Transporte Urbano Colectivo de Galicia (Urbanos) |
10.453,00 € |
Total |
452.456,44 € |