DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1285

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro, segundo e terceiro cuadrimestres do ano 2023.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro, segundo e terceiro cuadrimestres do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e da arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

23.2.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-ADICAE-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e da arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

9.2.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e da arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

3.2.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade autónoma de Galicia

25.000 €

1.2.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e da arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

10.2.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e da arbitraxe de consumo

30.000 €

10.1.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa Consumo responde

14.400 €

24.4.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a ONCE-Galicia para o desenvolvemento de obradoiros de formación, accesibilidade e asesoramento no programa Consumo responde

Sen custo

2.5.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa consumo responde

Sen custo

27.4.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde

Sen custo

2.5.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Ourense para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde

Sen custo

27.4.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Mondoñedo para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde

Sen custo

27.4.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde

Sen custo

2.5.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a asociación Provivienda para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde

Sen custo

2.5.2023

Convenio de colaboración entre o IGCC e a Fegamp para o reforzo da oficina de consumo con que conta a Fegamp co obxecto de mellorar os servizos de información ás persoas consumidoras nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes ou que carecen de oficina municipal de información ao consumidor

11.000 €

28.9.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do programa universitario de maiores IV ciclo, en actividades de carácter formativo e divulgador en materia de consumo

Sen custo

4.5.2023