Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: 76183 polígono industrial parcela I-54 Castro Ribeiras de Lea-liña subterránea de media tensión e centro de seccionamento.
Situación: concello de Castro de Rei.
Características técnicas principais:
– LMT soterrada a centro de seccionamento Innolact a 20 kV, coa orixe nun empalme para realizar na LMT Cospeito 1 dirección apoio conversión 2A59406, entra e sae no CS Innolact proxectado e remata nunha cela existente do CT 11275 Pol. Castro de Lea 4, cunha lonxitude de 278 metros en condutor HEPRZ1-150 mm.
– CS en edificio prefabricado Innolact, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático para CT particular (expediente 358-2023 AT).
Finalidade da instalación: ampliación de instalacións.
Orzamento: 59.542,74 euros.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello de Castro de Rei.
– Separata para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de junio, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 20 de decembro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo