DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1).

Expediente: IN407A 2023/400-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Seiruga.

Termo municipal: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV, de 260,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio pertencente á arquitectura da LMT CBA-805 núm. 54-20 (matrícula 9OEWC6J9) de formigón tipo AM-AG-HV-CR, composta por tres (3) apoios metálicos tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS) (identificado no proxecto como proxectado 1), AM-C-1000/14-H35-CA(CS) (identificado no proxecto como proxectado 2) e FL-C-3000/14-H35-CA (identificado no proxecto como proxectado 3), no cal ten o seu remate.

No novo apoio identificado no proxecto como proxectado 1, que se emprazará na parcela con referencia catastral 15044A019008680000EO, proxéctase a instalación de elementos de protección e manobra tipo XS.

No novo apoio identificado no proxecto como proxectado 3, que se emprazará na parcela con referencia catastral 15044A019006410000EL e que terá a condición de apoio frecuentado, proxéctase a instalación dun novo centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentadas polo CT praia Barizo (expediente IN407A 1997/94-1/matrícula 15XIR9) e o CT Barizo (expediente IN407A 2016/501-1/matrícula 15X607), que resultarán parcialmente descargados, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos aéreos de baixa tensión (RBTA) de 2x95 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente a realizar en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente, a continuidade en 49 metros dun destes circuítos ata o novo apoio proxectado de formigón tipo HV-630/11 e a substitución de 504 metros de condutores existentes por novos condutores tipo RZ 3(1×50/54,6 mm2 Al/Alm), RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Malpica de Bergantiños.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Seiruga

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Malpica de Bergantiños

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15044A019008740000ED

Campelo

7,13

50,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

2

María González Serantes

15044A019008730000ER

Campelo

3,80

109,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

3

Noemí Suárez Sánchez e Michel Peter Aldred

15044A019008980000EF

Campelo

15,0

Rústico. Agrario.

Matogueira

4

Noemí Suárez Sánchez e Michel Peter Aldred

15044A019014820000EQ

Campelo

3,30

161,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

5

José Luciano Varela Lavandeira

15044A019008680000EO

Campelo

Apoio proxectado 1

2

28,30

356,0

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

6

Descoñecido

15044A019009000000EM

Campelo

6,20

98,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira

7

Alberto Pose Lema

15044A019008700000EM

Campelo

3,70

59,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

8

Herdeiros de Manuel Cousillas Doldán

15044A019008710000EO

Campelo

4,90

78,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

9

Manuel Cousillas

15044A019008720000EK

Campelo

5,90

95,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

10

José Ignacio Ordóñez Cousillas

15044A019008590000EQ

Campelo

Apoio proxectado 2

2

56,50

901,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

11

Alberto Pose Lema

15044A019007160000EJ

Campelo

68,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

12

Manuel Martelo Souto

15044A019007120000ER

Campelo

45,50

681,0

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

13

María Cancela Doldán e María del Carmen Veiga Cancela

15044A019007110000EK

Campelo

11,80

170,0

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

14

José Ignacio Ordóñez Cousillas

15044A019006390000ET

Campelo

31,30

504,0

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

15

Modesto Pose Martelo

15044A019006400000EP

Campelo

27,10

314,0

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

16

Herdeiros de José Novo Souto

15044A019006350000EG

Campelo

54,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

17

Gloria Pose Mesura e José Antonio Pose Mesura

15044A019006470000ER

Campelo

17,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

18

Herdeiros de Dolores Aldao Varela

15044A019006460000EK

Campelo

1,50

67,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

19

Gerardo Castro Rey

15044A019006450000EO

Campelo

4,0

39,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

20

Manuel Suárez Varela

15044A019006440000EM

Campelo

7,20

89,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

21

María Pose Cousillas

15044A019006410000EL

Campelo

Apoio proxectado 3 (CTI)

2

3,30

31,0

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño