DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Valdoviño (expediente DH.A15.72613).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da dirección de Augas de Galicia do 1 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Cristian Riola Campos unha concesión de 137 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Crecente, da parroquia de Loira (San Pedro), no concello de Valdoviño (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións