DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Acevedo, no concello de Ribadeo (expediente IN408A/2018/029).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 2.7.2018 Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo, S.L.U. solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción para o parque eólico Acevedo, no concello de Ribadeo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

– O 11.11.2022 Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo, S.L.U. presentou un escrito con nova documentación que supuxo unha solicitude de modificación substancial do proxecto do parque eólico, consistente na modificación das coordenadas da poligonal do parque eólico e do modelo de aeroxerador (do Vestas V136 ao V150), que incrementa o diámetro do rotor de 136 m a 150 m e mantén a altura de buxa e a potencia nominal, coa inclusión no proxecto da liña de alta tensión de evacuación cara á subestación de Ribadeo.

– O 9.5.2023 Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo, S.L.U. presentou un novo estudo de impacto ambiental que substituíu o presentado anteriormente.

– En resposta á solicitude de informe do 4.5.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias recollidas na disposición adicional quinta da Lei 8/2009 a núcleos de poboación.

– Con data do 6.10.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais envía a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo, S.L.U. (CIF B36037877).

Domicilio social: Aios 83, 36990 Sanxenxo, Pontevedra.

Denominación do proxecto: parque eólico Acevedo.

Situación: concello de Ribadeo (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Mondigo.

Potencia instalada: 8 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: 27.020 MW h/ano.

Orzamento total (execución material): 5.589.657,51 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

1

655.550,00

4.822.150,00

2

655.850,00

4.822.150,00

3

655.850,00

4.821.900,00

4

655.050,00

4.820.100,00

5

653.850,00

4.820.100,00

6

654.000,00

4.819.550,00

7

654.250,00

4.819.550,00

8

654.250,00

4.819.350,00

9

653.850,00

4.819.350,00

10

653.500,00

4.819.500,00

11

653.100,00

4.820.300,00

12

653.100,00

4.820.750,00

13

654.900,00

4.820.750,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

AE 01 V150 4 MW

653.350,00

4.820.500,00

AE 02 V150 4 MW

653.848,00

4.820.372,00

Coordenadas da poligonal do centro de seccionamento e control:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

Referencia centro

653.865,23

4.820.403,53

1

653.861,13

4.820.408,58

2

653.871,70

4.820.402,89

3

653.869,33

4.820.398,49

4

653.858,76

4.820.404,18

Coordenadas da cela de media tensión (20 kV) onde se conectará o parque eólico na subestación de Ribadeo 132/20 kV (non é obxecto desde proxecto):

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

Cela de conexión en subestación

655.580

4.820.088

Características técnicas principais das instalacións:

– Dous (2) aeroxeradores modelo V150-4MW do fabricante Vestas, de 4 MW de potencia nominal, con 105 m de altura de buxa e de 150 m de diámetro de rotor, cos seus correspondentes centros de transformación instalados no interior do aeroxerador con potencia de 4.700 kVA e relación de transformación 20/0,72 kV.

– Dúas (2) liñas colectoras da enerxía eléctrica dos aeroxeradores en 20 kV con condutores tipo RHZ1 12/20 kV Al de 1×240 mm2 ata o CSC.

– Unha (1) liña de evacuación soterrada da enerxía eléctrica, de 3.342 m de lonxitude desde o CSC en 20 kV, con condutores tipo RHZ1 12/20 kV Al de 1×240 mm2 ata a subestación de distribución eléctrica de Ribadeo.

– Un (1) centro de seccionamento e control (CSC) constituído por un edificio prefabricado en que se instalarán os equipos de manobra e protección dos circuítos de potencia, ademais dun ordenador de control e regulación para o parque, dotado do software específico e comunicado cos aeroxeradores mediante fibra óptica. Neste edificio recollerase toda a enerxía procedente do parque.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións:

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución (asinado con data do 21.12.2023).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 22.12.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e coa demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 56 e 982 29 46 54), así como no Concello de Ribadeo (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón: https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/acevedo

Lugo, 22 de decembro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo