DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Cachafeiro, no concello de Forcarei, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., (expediente IN407A 2023/100-4).

A instalación denominada LMTS e CT Cachafeiro foi declarada de utilidade pública mediante resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 31 de outubro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 30 de xaneiro de 2024, a partir das 13.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Forcarei.

A interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, en que se lle informará de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Vigo, 24 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e CT Cachafeiro

Referencia catastral

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36018A043005670000XY

María Carmen Bugallo Mariño

CT

16,81