DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, de subvencións convocadas por Augas de Galicia.

Augas de Galicia leva tramitado desde o ano 2019 distintas convocatorias de subvencións que teñen encaixe no programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico «Apoio ás inversións que contribúan á transición cara unha economía verde»; criterio para a selección da operación «axudas ás entidades locais para a inversión en materia de abastecemento, saneamento e depuración»; campo de intervención «xestión da auga e conservación da auga potable (incluíndo a xestión das bacías fluviais, subministración de auga, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, medición por zona e consumidor, sistemas de tarificación e redución de escapes)»; liña de actuación «Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración e dos sistemas de abastecemento de auga».

En cumprimento da obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos fondos europeos, recollida na normativa da Unión Europea reguladora deles

RESOLVO:

Facer público o financiamento con fondos europeos das convocatorias de subvencións que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Subvencións tramitadas por Augas de Galicia financiadas ao 100 % do custo elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia
2014-2020, como parte da resposta da Unión Europa á pandemia da COVID-19

Procedemento

Publicación da convocatoria

Fondos europeos

AU232A - Mellora da calidade da auga proporcionada polas comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

21 de xullo de 2020

456.217,07 €

AU300A - Axudas para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.

24 de marzo de 2021

7.087.138,09 €

AU100A - Axudas ás entidades locais para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca.

4 de maio de 2021

728.820,92 €

AU301A - Adquisición e instalación de equipos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

4 de maio de 2021

117.821,91 €

AU301B - Adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

23 de xuño de 2021

158.940,81 €

AU232A - Mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

19 de xullo de 2021

724.310,08 €

AU232A - Mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.

25 de xaneiro de 2023

683.094,07 €