DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de decembro de 2023 polo que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Pescadona, S.A.U. dunha concesión administrativa no porto de Vilaxoán.

A entidade Pescadona, S.A.U. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Vilaxoán con destino a procesado de peixe, moluscos e crustáceos.

En cumprimento dos artigos 68 e 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, e que deben reunir os requisitos previstos no artigo 70 da citada Lei 6/2017.

A continuación, defínense expresamente os criterios de valoración das propostas, tendo en conta que a valoración máxima de cada proposta serían 100 puntos e que en caso de igualdade de puntuación se terá en conta a orde na presentación:

• Posible captación de tráficos: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor de captación de tráfico portuario por vía marítima (en Tn), 0 puntos á proposta con menor valor de captación de tráfico portuario e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Rendibilidade e taxas portuarias: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor de taxa de ocupación do dominio público portuario (TODP), considerando a superficie e uso para desenvolver nela e 0 puntos á proposta co menor valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Interese portuario e adecuación á planificación portuaria usos portuarios: se asignarán as seguintes puntuacións ás propostas:

– 20 puntos sobre 100 aquelas propostas que desenvolvan usos complementarios pesqueiros vinculados directamente coa actividade portuaria como: cetarias, viveiros, acuicultura transformación y manipulación de la pesca, avituallamento, comercial y distribución.

– 10 puntos sobre 100 a outros usos complementarios vinculados directamente coa actividade portuaria como: almacéns, construción e reparación naval e as súas subministracións, efectos navais.

– 5 puntos sobre 100 a outros usos complementarios como: ocio e hostalería, aparcamento,...

– 0 puntos a calquera outra actividade.

• Medidas ambientais propostas relativas á actividade que se vai desenvolver: valorarase con 20 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor. A valoración será de 0 puntos á proposta con menor valor, o máximo número de puntos a proposta con maior valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Investimento: valorarase con 15 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor, 0 puntos a proposta co menor valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Explotación e coordinación co resto de operacións portuarias: valorarase con 5 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación a aquelas propostas que xustifiquen adecuadamente que desenvolverán actividades na zona de servizo do porto, que presten servizo, supoñan sinerxias ou demanden servizos doutros usuarios/as ou industrias existentes do porto, e 0 puntos a aquelas que pola súa natureza desempeñen actividades que requiran algún tipo de coordinación co resto de actividades no porto.

As solicitudes poderán presentarse mediante o formulario PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixidas á Área de Explotación e Planificación. O plano de situación da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame na páxina web www.portosdegalicia.gal, na epígrafe de «Comunicacións e avisos» e dentro de «Procesos de información pública».

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia