DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71968

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de actas de entrega de diversos treitos de estradas provinciais aos concellos de Cuntis, Vila de Cruces, Barro e As Neves.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 18.8 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, publícase, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na páxina web www.depo.gal, o contido das seguintes actas de entrega de tramos de estradas provinciais:

No BOPPO número 183, do 21 de setembro de 2023:

– Acta de entrega ao Concello de Cuntis da estrada provincial E.P. 8405 Portela-Couselo, asinada o día 29 de agosto de 2023.

No BOPPO número 207, do 26 de outubro de 2023:

– Acta de entrega ao Concello de Vila de Cruces duns treitos do trazado actual e antigo das estradas provinciais E.P. 6306 Agolada-Cruces, E.P. 6403 Cruces-Brocos e E.P. 6402 Portodemouros-Ponte de San Xusto, asinada o día 4 de outubro de 2023.

No BOPPO número 222, do 17 de novembro de 2023:

– Acta de entrega ao Concello de Barro da estrada provincial E.P. 0509 ramal da Igrexa-Portela e dos treitos antigos das estradas E.P. 0506 Curro-Portela, e E.P. 9407 A Goulla-Porráns, asinada o día 2 de novembro de 2023.

– Acta de entrega ao Concello das Neves de varios treitos antigos das estradas E.P. 4201 Setados-Ribarteme-Vide e E.P. 4202 Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira, asinada o día 2 de novembro de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 24 de novembro de 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2023006130, do 2.8.2023)
María Isabel Couselo Torres
Deputada delegada de Infraestruturas Públicas,
Mobilidade e Contratación